Bremen

Bremen
Nome científico: [Freie Hansestadt Bremen]

Land de Alemaña (404 km2; 673.883 h [1998]). Está formado por dous territorios: o que rodea a capital, Bremen, situado á beira do río Weser, e o que rodea a cidade de Bremerhaven, que está na ribeira dereita da desembocadura do Weser, drenado polos ríos Geeste e Lune. A actividade económica do territorio é basicamente a portuaria, feito que determinou a estrutura industrial. Pola contra, a actividade agrícola e pesqueira, así como as industrias derivadas sufriron un descenso na súa produción, por mor da escasa fertilidade do solo, entre outros motivos. A poboación activa no sector primario é do 1,1% mentres que no secundario e o terciario comprenden o 38% e o 60%, respectivamente. A constitución de 1947, establecía unha asemblea (Bürgerschaft) de 100 deputados, que elixían un senado de 10 membros. O senado, que exercía o poder executivo, elixía dous burgomestres (Bürgermeister), un deles era nomeado presidente do mesmo. O senado posuía o dereito de veto dilatorio. Un 82% da poboación é protestante e un 10% católica. A historia do territorio é confundida coa da cidade de Bremen. No 1947 foille anexionada a cidade de Bremerhaven.