Brest-Litovsk, Paz de

Brest-Litovsk, Paz de

Tratado de paz asinado en Brest (na actual Bielorrusia) o 3 de marzo 1918, polo que o goberno bolxevique de Rusia, en cumprimento dunha das demandas populares que propiciou a súa chegada ao poder, acordou, á marxe dos seus aliados, poñer fin á guerra que mantiña con Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía (Primeira Guerra Mundial). Os rusos renunciaban aos territorios de Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Bielorrusia occidental e ás súas posesións no Caúcaso, admitindo a independencia de Ucraína e Finlandia, e comprometéndose ao pago de indemnizacións. O tratado foi anulado en novembro de 1918 trala rendición alemana.

Palabras veciñas

Brest | Brest, rada de | Brest-Litovsk | Brest-Litovsk, Paz de | Bretaña | Bretaña | Bretaña, materia de