Brétigny, Paz de
Brétigny, Paz de
Acordo asinado o 8 de maio de 1360 na aldea de Brétigny (no actual departamento de Eure-et-Loir) entre Francia e Inglaterra, que puxo fin á primeira parte da Guerra dos Cen Anos. Esta contenda ocasionou numerosas perdas económicas e territoriais para Francia na zona sudoccidental do país, ademais da renuncia de Eduardo III ás súas pretensións sobre a coroa de Francia.