Bretoña

Bretoña
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. O nome de lugar pertence ao concello da Pastoriza.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe procedente do lugar homónimo, na Pastoriza. As súas armas levan escudo cortado por unha faixa de azul: primeira partición, en campo de prata, con nove armiños de sable, postos en tres paos, de tres cada un, e segunda partición, en campo de ouro, con cinco flores de lis, postas en aspa.