Bretoña, Santa María de
Bretoña, Santa María de
Mosteiro que puido estar situado en Santa María de Bretoña (A Pastoriza) ou ben en San Martiño de Mondoñedo (Foz). Coñecido tamén como monasterium Maximi, remóntase á época sueva, e aparece citado na Divisio Theodomiri do s VI. O nome de Maximi, probablemente sexa unha latinización de Mailoc, nome do bispo da sé de Britonia, pois en bretón mael ten o significado de ‘grande’.