Breytenbach, Breyten
Breytenbach, Breyten
Escritor e pintor sudafricano. Activo loitador antiapartheid, no ano 1975 foi acusado de actividades terroristas e condenado a nove anos de cárcere. En 1983 foi liberado e exiliouse a Europa. En lingua africana publicou, entre outros libros, Kouevuur (Gangrena, 1969), Lotus (1970), Voet Skrif (Posdata, 1976) e Seisoen en die Paradys (Estación ao paraíso, 1980). En inglés escribiu True Confessions of an Albino Terrorist (Confesións verdadeiras dun terrorista albino, 1985) e Memory of Snow and of Dust (Memoria da neve e do po, 1989).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bonnievale, O Cabo