Brianchon, teorema de
Brianchon, teorema de
[MAT]
Teorema que establece que se un hexágono ten os lados tanxentes a unha cónica, entón tres das súas diagonais pasan por un mesmo punto. O hexágono recibe o nome de hexágono de Brianchon e o punto de concorrencia denomínase punto de Brianchon.