Briand, Aristide
Político. Socialista activo, dirixiu a Lanterne e foi cofundador de L’Humanité. En 1901 accedeu á secretaria xeral do Partido Socialista Francés; un ano despois foi elixido deputado e promoveu a lei de separación do Estado e da Igrexa. No 1909 sucedeu a Georges Clemenceau como presidente do Consello. Entre 1912 e 1914 foi ministro de Xustiza e, entre 1915 e 1917, de Asuntos Exteriores. Defendeu a unión dos partidos durante a Primeira Guerra Mundial e na posguerra recomendou unha política flexible con Alemaña. Dimitiu no 1922, aínda que volveu á presidencia do Consello en 1925 e ao ministerio de Asuntos Exteriores entre 1926 e 1932. Foi un personaxe clave, xunto co alemán Stresemann, na elaboración dos tratados de Locarno (1925) e do Pacto Briand-Kellogg (1928). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1926.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Nantes, Bretaña -
Deceso
Lugar : París