Bridgman, Percy Williams
Físico e filósofo estadounidense. Estudiou na Universidade de Harvard, onde foi profesor de matemáticas e de filosofía natural dende 1926. A súa carreira como investigador centrouse nos efectos das altas presións sobre a materia. Tamén contribuíu ao avance da cristalografía e abriu o camiño para a obtención de diamantes artificiais, que conseguiu no 1955 nos laboratorios da General Electric. No 1946 acadou o Premio Nobel de Física pola invención do aparello para producir presións extremadamente altas, amais doutros descubrimentos que realizou vinculados a este eido. Entre as súas obras cómpre destacar The Logic of Modern Physics (A lóxica da Física moderna, 1927), The Physics of High Pressure (A Física de altas presións, 1931), The Nature of Physical Theory (A natureza da teoría física, 1936), The Nature of Thermodynamics (A natureza da Termodinámica, 1941) e Reflections of a Physicist (Reflexións dun físico, 1950).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cambridge, Massachusetts -
Deceso
Lugar : Randolph, New Hampshire