brigacino -na
brigacino -na
(< topónimo Brigaecium)
-
adx
Relativo ou pertencente a Brigaecium ou aos seus habitantes.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo brigacino.
-
s
[ETN/HIST]
Pobo (populi) prerromano da Gallaecia, no convento asturense, que tiña por núcleo principal Brigaecium, na comarca de Benavente. O seu papel nas Guerras Astur-Cántabras (29-19 a C) foi destacado; neste sentido, segundo os autores clásicos, a súa derrota, provocada pola traición que lles fixeron aos astures ao redor do 25 a C, foi clave para a vitoria romana.