Briggs, Henry

Briggs, Henry

Matemático inglés. Profesor de Xeometría no Gresham College de Londres e de Astronomía en Oxford. Na súa correspondencia con Neper propuxo a adopción da base 10 para as táboas de logaritmos, que publicou en Arithmetica logarithmica (1624). Estudiou tamén problemas de trigonometría esférica e as súas aplicacións á navegación. Elaborou táboas trigonométricas de senos, tanxentes e secantes, que publicou en Trigomotria britannica (1633).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Warleywood, Yorkshire

  • Deceso

    Lugar : Oxford