Brihuega
Brihuega
Municipio da provincia de Guadalajara, Castela-A Mancha, na comarca de La Alcarria e drenado polo río Tajo (3.101 h [1996]). A súa economía é de base eminentemente agropecuaria: destacan os cultivos de hortalizas na veiga do Tajo e de cereais, así como a gandería ovina e a apicultura (mel de La Alcarria). O armentío ovino abasteceu tradicionalmente de materia prima as industrias do sector téxtil, como a Real Fábrica de Paños (s XVII). Dentro da vila cómpre salientar as igrexas de Santa María de la Peña, románica, e de San Felipe, de estilo oxival, ambas do s XIII, e os xardíns e o castelo de Peña Bermeja.