brinco

brinco

(

  1. s m

    Acto e efecto de brincar.

    Ex: Chegou dun brinco ó teito.

    Sinónimos: chouto, pulo, salto. Confrontacións: chimpo, pincho.
  2. s m

    Pendente formado por un aro e un colgante.

    Ex: Vou poñer un brinco na orella.

  3. s m

    Aro de metal que se lle pon ao porco no fociño para que non foce.

    Ex: Hai que avisar ao veterinario para que veña poñerlle o brinco ao porco.

    Sinónimos: ferrete, ferrón, vinco.

Frases feitas

  • Nun brinco. Nun breve espazo de tempo.

Palabras veciñas

brincadeira | brincador -ra | brincar | brinco | brindar | brinde | Brindisi