Brindisi

Brindisi
Nome científico: [ital: Brindisi]

Capital da provincia de Brindisi, na Puglia, Italia, situada á beira do Mar Adriático (94.029 h [1998]). Polo seu porto natural e profundo, canalízase o comercio cara ao Mediterráneo oriental e cara aos países de Oriente. Posúe aeroporto internacional. Primitivamente habitada polos gregos (Bρεντέσιον), Brindisi (Brundisium) foi conquistada polos romanos (266 a C) e convertida nun centro comercial e no porto de embarque cara a Grecia. Durante a Alta Idade Media perdeu moita importancia a causa das invasións bizantinas, lombardas e musulmanas e non volveu recobrala ata que foi conquistada polos normandos (1071). Foi destruída por un terremoto en 1456. Entre os seus monumentos cómpre destacar a fonte Tancredi, o castelo do s XIII e as igrexas de San Giovanni al Sepolcro, románica do s XI de planta circular, Santa Maria de Casale, románico-gótica do s XIV, e a catedral construída no s XIII e reedificada no 1799. Ten un museo arqueolóxico.