Bristol
Capital do condado de Avon, Inglaterra, na confluencia do río Avon e o Froom (399.300 h [estim 1983]). Bristol é un núcleo industrial activo e un porto de gran tráfico. Entre os produtos chegados de ultramar o trigo e o petróleo son os de maior importancia. Na actividade industrial destaca a construción aeronáutica, estaleiros, metalurxia do estaño, industrias alimentarias (chocolate, azucre, cervexa) e fábricas de calzado e papel. Destaca a sala capitular da súa catedral (s XII-XIII). Cidade nacida na época romana, o comercio da la situouna entre as máis importantes poboacións medievais de Inglaterra. Nos ss XIII e XIV o intercambio colonial estendeu considerablemente a súa rede comercial; á vez, produciuse un desenvolvemento cultural que culminou na súa adhesión á Reforma (s XVI). O comercio colonial proseguiu a súa expansión no s XVIII, pero no XIX Bristol iniciou a decadencia a causa da abolición da escravitude.