Británicas, Illas
Arquipélago do NL de Europa, entre o mar do Norte e o Océano Atlántico, formado esencialmente polas illas de Gran Bretaña, Irlanda, Man, Wight, Shetland, Hebrides e Orcadas, amais dun gran número de pequenas illas e illotes. Politicamente o arquipélago se repartiu entre o Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda do Norte (Inglaterra, Escocia, País de Gales, Cornualla e Irlanda do Norte) co seu apéndice, a illa de Man, e a República de Irlanda, que comprende a maior parte da illa deste nome. O conxunto das illas abarca máis de 314.339 km2. Os restos humanos máis antigos proceden do xacemento mesoplistocénico de Boxgrove. O Megalitismo tivo un gran desenvolvemento nestas illas, conservándose monumentos funerarios e rituais (Stonehenge) moi representativos deste período. A metalurxia desenvolveuse no II milenio a C, sobre todo coa cultura de Wessex, que mostra influencias continentais. Durante a Idade do Ferro chegaron ás illas os celtas da Tène, que introduciron os campos de urnas e constituían o substrato indíxena no momento da ocupación romana. Os cartaxineses, primeiro (Himilcón), e os gregos, despois (Piteas), organizaron expedicións para explorar as illas en busca de estaño. O coñecemento sistemático das illas comezou coa conquista romana (s I a C), que deu lugar á formación da provincia de Britania.