British Leyland Motor Corporation

British Leyland Motor Corporation

Empresa británica de construción de automóbiles, camións, motores diesel, enxeños marítimos e industriais e maquinaria diversa, fundada no 1952 baixo o nome de British Motor Corporation, que cambiou no 1966 -ó fusionarse coa Austin Motor Company Limited, a Jaguar Cars Limited e a Morris Motor Limited- polo de British Motor Holdings Limited. No 1968 tomou o actual nome ao fusionarse coa Leyland Motor Corporation. En 1974 o estado tomou o control da empresa, que foi reestruturada no 1979 debido á forte crise do sector.