British Motor Corporation
British Motor Corporation
Nome científico:
[BMC]
Grupo industrial británico dedicado á fabricación de automóbiles, camións e motores de combustión interna formado no ano 1952 pola unión da Austin Motor Corporation e da Nuffield Organization e que, polas fusións do 1966 e 1968, deu lugar á British Leyland Motor Corporation. Fabricaba os automóbiles de turismo das marcas Austin e Morris (populares) e Wolseley e Vanden Plas (de luxo), os automóbiles deportivos Riley, MG e Austin-Healey, as furgonetas Austin, Morris e BMC, as camionetas e os camións BMC e o tractor Austin-Minatic.