Broad Peak

Broad Peak

Cumio das montañas do Karakorum, na Caxemira, India, que ten unha altitude de 8.051 m, que o converten no 15° máis elevado do planeta. Está situado preto do K2, no paso O do Karakorum. Foi escalada por primeira vez en 1957 pola expedición austríaca formada por Schmuck, Wintersteller, Diemberger e Buhl.