Temas

Baroncello, Alto de

Cumio da serra da Edreira, na parroquia de Castro de Laza (concello de Laza). Ten 1.406 m de altitude máxima.

Más >
Eiger

Cumio dos Alpes, ao S do lago Brienz, Suíza, situado a 3.970 m de altitude. A primeira ascensión realizouse en 1858, pero a súa importancia alpina deriva das dificultades para escalar a parede norte.

Más >
Poio, alto do

Cumio situado na parroquia de Padornelo (Pedrafita do Cebreiro), á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago. Acada os 1.463 m de altitude.

Más >
Broad Peak

Cumio das montañas do Karakorum, na Caxemira, India, que ten unha altitude de 8.051 m, que o converten no 15° máis elevado do planeta. Está situado preto do K2, no paso O do Karakorum. Foi escalada por primeira vez en 1957 pola expedición austríaca formada por Schmuck, Wintersteller, Diemberger e Buhl.

Más >
Manāslu

Cumio de 8.128 m de altitude situado no Himalaia. Foi explorado por primeira vez en 1956 por unha expedición xaponesa.

Más >
Empanada

Cumio da serra del Pozo, ao L das serras Subbéticas, cunha altitude de 2.107 m.

Más >
Posets, pico de

Cumio do Pireneo axial, situado entre Ribagorza e Sobrarbe (Aragón). Con 3.375 m de altitude, é o segundo máis alto dos Pireneos.

Más >
Veleta

Cumio da cordilleira Penibética, en Sierra Nevada, o segundo en altitude da Península Ibérica, situado entre o pico do Mulhacén, ao L, e o Fraile de Veleta, ao O. Acada unha altitude de 3.392 m.

Más >
Burruxeliza, Pena

Cumio da parroquia de Vilarraso, no concello de Aranga, con 472 m de altitude. Forma parte do Monte de Carballoa que atravesa o extremo occidental do concello cunha orientación N-S.

Más >
Vixía da Herbeira

Cumio da serra da Capelada situado entre os concellos de Cariño e Cedeira, que acada os 617 m de altitude. A cara oeste cae directamente ao mar formando os cantís máis altos da Península Ibérica e, para algúns autores, de Europa.

Más >
Loading