Temas

Baroncello, Alto de

Cumio da serra da Edreira, na parroquia de Castro de Laza (concello de Laza). Ten 1.406 m de altitude máxima.

Máis >
Manāslu

Cumio de 8.128 m de altitude situado no Himalaia. Foi explorado por primeira vez en 1956 por unha expedición xaponesa.

Máis >
Cabezo Redondo

Cumio situado ao NO da cidade de Villena (Alto Vinalopó), que alcanza unha altitude de 587 m. Ao seu carón foron atopadas as ruínas dun poboado da Idade do Bronce, un dos máis grandes da zona meridional da Comunitat Valenciana. Entre os seus achados sobresae un tesouro de obxectos de ouro.

Máis >
Empanada

Cumio da serra del Pozo, ao L das serras Subbéticas, cunha altitude de 2.107 m.

Máis >
Vixía da Herbeira

Cumio da serra da Capelada situado entre os concellos de Cariño e Cedeira, que acada os 617 m de altitude. A cara oeste cae directamente ao mar formando os cantís máis altos da Península Ibérica e, para algúns autores, de Europa.

Máis >
Brocken

Cumio do macizo do Harz, no condado de Stolberg-Wernigerode (Alemaña), de 1.142 m de altitude. Constituído por rochas cristalinas, forma unha cúpula suavemente redondeada cuberta de grandes bloques de granito. Cunha temperatura media anual de 2,7oC e unha precipitación de 1.700 mm. Segundo a tradición popular é o lugar onde se reúnen as bruxas na noite do 30 de abril para o 1 de maio.

Máis >
Cabrón

Cumio da liña axial da serra do Eixe, que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Santigoso (O Barco de Valdeorras), Candeda (Carballeda de Valdeorras) e Riomao (A Veiga). Atópase a 1.360 m de altitude.

Máis >
Ben Nevis

Cumio das Highlands de Escocia que, cos seus 1.343 m de altitude, é o máis elevado da illa de Gran Bretaña.

Máis >
Markham

Cumio situado na Antártida, na serra da Raíña Alexandra, e que acada os 4.350 m de altitude.

Máis >
Loading