Broca, Pierre Paul

Broca, Pierre Paul

Médico e antropólogo francés. É autor de traballos básicos sobre a anatomía e a fisioloxía do cerebro, entre os que cómpre destacar a descuberta, en 1861, do centro verbal-motoro-cerebral, situado ao pé da terceira circunvolución frontal esquerda e denominado área de Broca, e unha forma de afasia por lesión desta rexión, coñecida como afasia de Broca. Profesor de patoloxía cirúrxica en París, foi un dos fundadores e primeiro secretario da Société d’Anthropologie (1869), desenvolveu as técnicas antropométricas e fundou a Revue d’Anthropologie (1872) e l’École d’Anthropologie de París (1876). Defendeu o polixenismo da especie humana e a tese racista da superioridade da raza gala. Enunciou a fórmula de Broca que determina que un adulto debe pesar idealmente tantos quilos como centímetros sobrepasa do metro de estatura.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santa Fe la Granda, Guyana

  • Deceso

    Lugar : París