1 brocha

1 brocha

(

  1. s f
    1. Utensilio formado por un feixe de pelos, igualados polas puntas e suxeitos arredor dun núcleo cilíndrico -acabado nun mango- mediante unha ligadura que pode ser de cordel, de ferro ou unha argola metálica. O núcleo, formado polo mango ou por unha peza suplementaria de maior diámetro, deixa un baleiro sen pelo no centro da brocha, espazo que lle resta peso e facilita a boa distribución da cor ou do verniz ao pintar.

      Confrontacións: pincel.
    2. Brocha gorda, empregada para estender cores con auga (cal, cola, plástico) en superficies amplas (paredes, teitos).

  2. s f

    Tipo de pincel que serve para esparexer a escuma sobre a pel que se vai rasurar.

    Ex: Meu pai comprou unha brocha nova para afeitarse.

Palabras veciñas

brocatel | Brocense | Broch, Hermann | 1 brocha | 2 brocha | 3 brocha | brochada