1 brocha
1 brocha
(
-
s
f
-
Utensilio formado por un feixe de pelos, igualados polas puntas e suxeitos arredor dun núcleo cilíndrico -acabado nun mango- mediante unha ligadura que pode ser de cordel, de ferro ou unha argola metálica. O núcleo, formado polo mango ou por unha peza suplementaria de maior diámetro, deixa un baleiro sen pelo no centro da brocha, espazo que lle resta peso e facilita a boa distribución da cor ou do verniz ao pintar.
Confrontacións: pincel. -
Brocha gorda, empregada para estender cores con auga (cal, cola, plástico) en superficies amplas (paredes, teitos).
-
-
s
f
Tipo de pincel que serve para esparexer a escuma sobre a pel que se vai rasurar.
Ex: Meu pai comprou unha brocha nova para afeitarse.