3 brocha
3 brocha
s
f
[TECNOL]
Ferramenta en forma de barra provista de dentes, de alturas que aumentan progresivamente dun extremo a outro, e de sección diversa segundo o burato ou perfil que realiza (circular, rectangular, circular acanalado, etc), que se emprega para efectuar o brochado. Segundo a maneira de traballar, pode ser de tracción ou de compresión, e segundo a operación, de brochado exterior ou de brochado interior. As brochas son xeralmente de aceiro temperado ou ao tungsteno ou ben de aceiro rápido ao molibdeno.