brochadora

brochadora
s f [TECNOL]

Máquina-ferramenta empregada para efectuar o brochado, que se caracteriza por unha velocidade de corte reducida e na que a ferramenta, denominada brocha, está dotada, mediante un mecanismo de cremalleira ou por accionamento hidráulico, dun movemento lonxitudinal. As brochadoras poden ser horizontais ou verticais; as primeiras teñen un campo de aplicación máis amplo, e as segundas teñen un rendemento máis elevado e permiten poñer e sacar a brocha automaticamente. Adoitan traballar a tracción, pero tamén o poden facer a compresión.

Palabras veciñas

3 brocha | brochada | brochado | brochadora | brochante | brochantita | broche