brocatel

brocatel

(< cat brocatell < italbrocatello)

  1. s m [TÉXT]

    Tecido de tapicería que se comeza a fabricar no s XVI, caracterizado por unha textura composta dunha trama de algodón ou de liño, que lle dá rixidez, e ao menos dúas urdiduras e diversas tramas de seda. Os máis ricos complétanse con tramas de fío de prata, ouro, etc.

  2. s m [TÉXT]

    Damasco de seda usado en ornamentos de igrexa, vestidos femininos, etc.

Palabras veciñas

Broca, Pierre Paul | brocado | brocardo | brocatel | Brocense | Broch, Hermann | 1 brocha