Brocken
Brocken
Cumio do macizo do Harz, no condado de Stolberg-Wernigerode (Alemaña), de 1.142 m de altitude. Constituído por rochas cristalinas, forma unha cúpula suavemente redondeada cuberta de grandes bloques de granito. Cunha temperatura media anual de 2,7oC e unha precipitación de 1.700 mm. Segundo a tradición popular é o lugar onde se reúnen as bruxas na noite do 30 de abril para o 1 de maio.