Brocos Gómez, Isidoro

Brocos Gómez, Isidoro

Escultor. Iniciou os seus estudios na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, da que foi profesor auxiliar en 1862, e despois na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1867), onde foi discípulo de Andrés Gómez. En 1873 viaxou a Roma para ampliar os seus estudios na Academia Española de Bellas Artes e, en 1875, a París. En 1879 obtivo a cátedra de Debuxo da Real Sociedade Económica de Santiago e ao ano seguinte trasladouse á Coruña para ocupar o posto de profesor auxiliar da escola de Artes e Industria, da que obtivo en 1891 a cátedra. Foi mestre de Pablo Picasso. Nunha liña poética realista, introduciu na escultura galega as escenas de costumes. A súa obra ten como referente a tradición escultórica galega, principalmente do barroco compostelán e do neoclasicismo. Cun marcado carácter realista estas obras amosan a representación do descritivo e o anecdótico consonte coas innovacións feitas en París por Meunier e Rodin. A isto hai que engadir o coñecemento do Renacemento italiano. Entre as súas obras destacan: O vello da zanfona, Hero e A pulga. Realizou tamén retratos (Autorretrato) e monumentos conmemorativos (María Pita). Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1878 obtivo na Exposición Nacional de Bellas Artes a terceira medalla pola obra Últimos momentos de Herodes, o mesmo premio acadou en 1881 por Aquí, aquí e Xastre de aldea. Foi académico correspondente da Academia de Belas Artes e da Real Academia Galega.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso

    Lugar : A Coruña