Broglie
Familia orixinaria de Carrea (actualmente Chieri), no Piemonte, da que o primeiro membro coñecido é Huberto Gribaldi de Broglie (1256). En 1643 o duque de Savoia outorgoulle a Françoise de Broglie (1611-1656) o condado de Revel. En 1616 adquiriron o señorío de Dormans, erixido en marquesado en 1671. Françoise-Marie de Broglie (morto en 1745) foi investido duque de Broglie polo rei de Francia en 1742, e o seu fillo, Victor-Françoise de Broglie (París 1718-1804), mariscal de Francia, foi elixido príncipe do Sacro Imperio. Fillo deste foi Achille-Victor de Broglie (París 1785-1870), colaborador de Napoleón I e durante a Restauración partidario de Luís Filipe de Orleans. Foi ministro e contribuíu á abolición da escravitude. O seu fillo Jacques-Victor de Broglie (1821-1901), que ostentou tamén o título de duque, foi un político monárquico e lexitimista durante a III República; ademais publicou obras de historia. Os físicos Maurice e Louis-Victor de Broglie pertencen a esta familia.