broma

broma

(< gr βρῶμα ‘alimento’< gr βιβρώσκω‘relar, devorar’)

  1. s f

    Dito ou feito sen importancia que se dirixe a alguén para rirse del, sen intención de causarlle dano.

    Ex: Como broma de fin de curso agochámoslle a carteira ó profesor. Xa está cansado das súas bromas de mal gusto.

    Sinónimos: brincadeira.
  2. s f [ANIMAL]

    Molusco mariño de corpo alongado e vermiforme, duns 5 a 10 mm de diámetro, e de cuncha reducida, situada no extremo anterior do animal. Este molusco emprega a cuncha como órgano de perforación, co que escava galerías na madeira somerxida. Esta especie, cosmopolita, supón un problema para barcos, embarcadoiros, etc.

    Confrontacións: folada.

Formas incorrectas

coña

Refráns

  • Chanzas con burros acaban en couces.
  • Crou, crou, ¿quen te rapou, que sen pelo te deixou?

Palabras veciñas

brollar | brollón -na | brom(o)- | broma | bromación | bromado -da | bromal