broma
broma
(< gr βρῶμα ‘alimento’< gr βιβρώσκω‘relar, devorar’)
-
s
f
Dito ou feito sen importancia que se dirixe a alguén para rirse del, sen intención de causarlle dano.
Ex: Como broma de fin de curso agochámoslle a carteira ó profesor. Xa está cansado das súas bromas de mal gusto.
Sinónimos: brincadeira. -
s
f
[ANIMAL]
Molusco mariño de corpo alongado e vermiforme, duns 5 a 10 mm de diámetro, e de cuncha reducida, situada no extremo anterior do animal. Este molusco emprega a cuncha como órgano de perforación, co que escava galerías na madeira somerxida. Esta especie, cosmopolita, supón un problema para barcos, embarcadoiros, etc.
Confrontacións: folada.
Formas incorrectas
coñaRefráns
- Chanzas con burros acaban en couces.
- Crou, crou, ¿quen te rapou, que sen pelo te deixou?