bromeliáceo -a

bromeliáceo -a

(< Bromelia, xénero deplantas < antropónimo Bromel, botánico sueco do s XVIII)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás bromeliáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Herba ou arbusto da familia das bromeliáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas da orde das bromeliais, que comprende 50 xéneros e máis de 2.000 especies, de porte maioritariamente herbáceo e xeralmente epífitas. As follas son ríxidas, fibrosas e dispostas en roseta, o froito é unha baga e as flores presentan tres pétalos libres coloreados. A polonización realízase xeralmente por aves. Moitas especies como Tillandsia lindeniana e Vriesia splendens ou xéneros como Aechmea, Billbergia, Bromelia, Nidularium e Pitcairnia cultívanse como ornamentais de interior. Tamén pertencen a esta familia os ananás. A maioría son propias das zonas tropicais de América.

Palabras veciñas

Bromberg | Brome, Richard | bromelaína | bromeliáceo -a | bromelial | bromelina | Bromfield, Louis