bromeliáceo -a
(< Bromelia, xénero deplantas < antropónimo Bromel, botánico sueco do s XVIII)
-
adx
Relativo ou pertencente ás bromeliáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Herba ou arbusto da familia das bromeliáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas da orde das bromeliais, que comprende 50 xéneros e máis de 2.000 especies, de porte maioritariamente herbáceo e xeralmente epífitas. As follas son ríxidas, fibrosas e dispostas en roseta, o froito é unha baga e as flores presentan tres pétalos libres coloreados. A polonización realízase xeralmente por aves. Moitas especies como Tillandsia lindeniana e Vriesia splendens ou xéneros como Aechmea, Billbergia, Bromelia, Nidularium e Pitcairnia cultívanse como ornamentais de interior. Tamén pertencen a esta familia os ananás. A maioría son propias das zonas tropicais de América.