broncoscopia
broncoscopia
(< bronco- + grσκοπέω ‘mirar’ + -ia)
s
f
[MED]
Exploración visual do interior da traquea e dos bronquios por medio dun broncoscopio, introducido polo nariz, pola boca ou polo orificio dunha traqueotomía. Emprégase para o diagnóstico de tumores broncopulmonares, para a extracción de corpos estraños, para a obtención de biopsias, etc.