broncospasmo

broncospasmo
s m [PAT]

Contracción espástica da musculatura dos bronquios, con redución da luz bronquial e coa dificultade conseguinte ao paso do aire, sobre todo durante a espiración. É característico da asma bronquial, na que se desencadea por fenómenos inmunolóxicos; pero tamén se pode presentar na bronquite crónica, e trala inhalación de compostos químicos irritantes. OBS: Tamén se pode dicir broncoespasmo.