Bronenosets Potemkin
Bronenosets Potemkin
Nome científico:
[O acoirazado Potemkin]
[IMAX]
Produción cinematográfica soviética realizada en 1925 e dirixida por Sergei Mihailovich. Foi interpretada por Alexander Antonov, Vladimir Barski e Grigori Alexandrov, entre outros. A acción transcorre no porto de Odessa, en 1905, onde os mariñeiros do acoirazado Potemkin, apoiados pola poboación da cidade, se amotinan. Unha vez en alta mar, a escuadra imperial do Mar Negro tenta frealos, pero os mariñeiros deses barcos néganse a disparar contra os seus propios compañeiros. Esta historia con protagonista colectivo tenta conmemorar a revolución de 1905, na que as escuadras de Arkangelsk e de Odessa se puxeran de parte dos revolucionarios.