brosa
brosa
(< fr brosse?)
s
f
Ferramenta empregada para cortar formada por unha folla ancha e forte, de forma trapezoidal, con gume por un lado e un oco no outro, polo que se introduce un pau ao que vai suxeito a xeito de mango. OBS: Trátase dunha forma léxica dialectal propia da área mindoniense, concretamente da parte norte das provincias da Coruña e de Lugo.
Confrontacións
machado, machetaFrases feitas
-
Estar feito á brosa. 1 Ser un brután, unha persoa de modais pouco refinados.
-
2 Estar feitas as cousas de calquera xeito.