Broschi, Carlo
Castrato soprano italiano. Coñecido como Farinelli, pertenceu a unha familia acomodada e ilustre, en contra do habitual, xa que os castrati eran, xeralmente case sempre de familias pobres que vendían os seus fillos aos mutiladores. Considerado como o mellor cantante de todos os tempos pola súa pureza de ton e beleza vocal, estudiou no Conservatorio de Nápoles co profesor de canto e compositor Porpora, debutando nunha das súas óperas xunto co libretista Metastasio. En 1734 trasladouse a Londres e incorporouse á compañía Opera of the Nobility, e en 1737 á Corte española de Filipe V, a petición de Isabel de Farnesio, para sacar o monarca dunha fonda depresión. A través da meloterapia de Farinelli, que lle cantaba ao rei todas as noites, este experimentou unha gran melloría. Durante esta época e no reinado de Fernando VI, foi artífice de numerosas actividades musicais, e dirixiu a construción do Teatro de la Ópera del Buen Retiro. En 1760 retirouse a Boloña.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Andria -
Deceso
Lugar : Boloña