brotar

brotar

(

  1. v i

    Comezar a desenvolverse un vexetal.

    Ex: As leitugas xa brotaron.

    Sinónimos: nacer.
  2. v i

    Abrir os abrochos ou gromos dunha planta para dar lugar a novas follas, flores ou pólas.

    Ex: Coa chegada da primavera brotaron as ameixeiras.

    Sinónimos: rebentar.
  3. v i

    Saír auga ou calquera outro líquido dun manancial ou doutro lugar.

    Ex: As bágoas brotaron dos seus ollos tan pronto soubo a grave noticia. A auga brotaba no campo sen necesidade de cavar.

    Confrontacións: aflorar, fluír.
  4. v i

    Ter principio ou comezar a manifestarse unha cousa.

    Ex: Durante o seu delirio brotaron da súa boca palabras inconexas. Daquela poza brotou un cheiro nauseabundo.