Brouwer, Luitzen Egbertus Jan

Brouwer, Luitzen Egbertus Jan

Matemático e filósofo neerlandés. Foi profesor na Universidade de Amsterdam (1912-1955), un dos fundadores da topoloxía moderna e o principal representante da escola matemática intuicionista, que se opón ás escolas axiomática de D. Hilbert, e loxicista, de G. Frege, G. Peano e B. Russell. A postura intuicionista négase a aceptar a existencia do infinito actual e o principio lóxico do terceiro excluído, e só considera como entes matemáticos os que se poden obter construtivamente. Os seus traballos básicos desenvolvéronse no campo da epistemoloxía e da fundamentación das matemáticas. É autor de Intuitionism and Formalism (Intuicionismo e formalismo, 1914), Zur Begründung der intuitionistischen Mathematik (Fundamentación da matemática intuicionista, 1924-1927) e Consciousness, Philosophy and Mathematics (Consciencia, filosofía e matemáticas, 1948).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Overschie

  • Deceso

    Lugar : Blaricum