Brown, Thomas
Brown, Thomas
Filósofo escocés. Estudiou medicina na Universidade de Edimburgo. Partiu da doutrina do sentido común dos filósofos escoceses, da que se afastou para aproximarse ao empirismo de Hume, que intentou fundamentar por medio dunha análise dos procesos psicolóxicos e psicofisiolóxicos. As súas obras principais son Observations on the Nature and Tendency of the Doctrine of Mr. Hume (Observacións sobre a natureza e a tendencia das doutrinas do Sr Hume, 1804) e Lectures on the Philosophy of the Human Mind (Lecturas sobre a filosofía do pensamento humano, 1822).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Kirkmabreck, Kirkcudbright -
Deceso
Lugar : Brompton, Londres