Bruguera i Torner, Sergi

Bruguera i Torner, Sergi

Tenista. Foi campión de España absoluto en 1987. Xogador profesional dende 1988, gañou os seus primeiros torneos no circuíto da ATP en 1991 (Estoril, Montecarlo, etc). Especialmente hábil no xogo sobre pistas de terra batida, o seu esplendor viviuno entre 1993 e 1994, anos nos que se proclamou de xeito consecutivo campión do torneo de Roland Garros (campionato internacional de Francia, un dos catro que integran o Grand Slam), considerado o máis importante dos que se disputan sobre ese tipo de superficie. Integrante do equipo español, nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 acadou a medalla de prata na categoría individual masculina. A súa mellor posición na clasificación mundial obtívoa en 1994, cando ocupou o 3º posto.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona