bruia

bruia
s f [ETN]

Roda motriz vertical dotada dunhas paletas radiais e semellante ao rodicio, pero de maior dimensión e situada no exterior. Se está instalada nun río caudaloso e con pendente, coa parte inferior mergullada na auga, ponse en funcionamento ao seren empurradas pola corrente as mesmas paletas; se está fóra do curso da auga, o seu funcionamento vén dado polo chorro que cae tanxencialmente dende unha canle situada enriba da mesma bruia. Esta peza dálle nome ao muíño de bruia ou acea, menos coñecido ca o resto dos muíños.

Ex: Puxeron en funcionamento aquela bruia do muíño.

Sinónimos

Citas

  • Puxeron en funcionamento aquela bruia do muíño.