Bruniquilda
Raíña de Austrasia. Filla do rei visigodo de Toledo, Atanaxildo, casou no 567 con Sixeberto I de Austrasia. Falecido o marido nun combate contra o seu irmán Khilperico I de Neustria en 575, Bruniquilda foi capturada polo vencedor e casou en segundas nupcias con Meroveo, fillo de Khilperico I e dunha concubina, no 576. Disolta a unión, Bruniquilda marchou a Metz xunto co seu fillo Khildeberto II, que gobernaba en Austrasia, e exerceu o poder no seu nome. O rei morreu no 595 deixando dous fillos pequenos e converteuse novamente Bruniquilda en raíña rexente continuando a política de consolidación do poder real fronte á aristocracia e á Igrexa. Tiberto II de Austrasia, neto da raíña, morreu ao pouco de chegar ao poder, no 612, e Thierry II, que sucedeu o seu irmán, morreu en batalla no 613. Ante o perigo dunha nova rexencia, a aristocracia de Austrasia entregou a Bruniquilda ao seu inimigo Clotario II de Neustria, quen a torturou ata a morte.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Renève