Brynner, Julius
Brynner, Julius
Actor cinematográfico norteamericano, coñecido como Yul Brynner. Iniciou a súa carreira no Teatro de Arte de Moscova. Xa nos EE UU, despois de traballar na radio e na televisión, conseguiu o Oscar ao mellor actor pola súa interpretación en The King and I (O rei e mais eu, 1956). Protagonizou, entre outros filmes, The Ten Commandments (Os dez mandamentos, 1965), The Brothers Karamazov (Os irmáns Karamazov, 1958), The Picasso Summer (O verán de Picasso, 1969) e Futureworld (Mundo futuro, 1976).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sakhalin -
Deceso
Lugar : Nova York