Búbal

Búbal

Río afluente do Miño pola dereita. Nace no lugar de Agrosantiño, na parroquia de Vales, concello de San Cristovo de Cea, no límite coa parroquia de Aguada, concello de Carballedo. O seu curso adopta unha dirección O-SL coa que drena esta última parroquia e segue polas de Búbal e Oleiros (Carballedo), nas que limita coa parroquia do Souto, no concello da Peroxa. Desemboca no lugar dos Peares, na parroquia homónima, no límite entre os concellos da Peroxa e Carballedo.