Bubalense
Bubalense
[PREHIST]
Estilo da arte rupestre sahariana. A cronoloxía xeral do bubalense é imprecisa, dende o 5000 a C (coincidindo co Neolítico) ata momentos anteriores pre-pastorís (Mesolítico). Este estilo caracterízase polos gravados moi realistas, ás veces de gran tamaño, de animais salvaxes e domésticos. Tamén se denomina Gran Estilo Naturalista.