Bubela

Bubela

Publicación trimestral editada a partir de marzo de 1975. Subtitulouse “Boletín do grupo ornitolóxico galego”. A pesar de que se trataba dunha publicación interna, comezou a súa difusión externa dende 1976. Dedícase á investigación da natureza en Galicia, promocionando a súa conservación e prestando especial atención ás aves.