Bubka, Sergei
Atleta ucraíno especializado no salto con pértega. Vencedor na súa disciplina nos primeiros Campionatos do Mundo de Atletismo (Helsinqui 1983), revalidou o seu título en todas as edicións sucesivas: Roma 1987, Toquio 1991, Gotteborg 1995, Atenas 1997 e Sevilla 1999. Ausente dos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984 debido ao boicot soviético, e dos de Barcelona 1992 e Atlanta 1996 por lesión, o seu dominio na especialidade só se puido plasmar nunha medalla de ouro olímpica (Seúl 1988). Primeiro atleta en superar os 6 m, bateu en 35 ocasións a plusmarca mundial: 17 veces ao aire libre (deixou o seu rexistro en 6,14 m en 1994) e 18 en pista cuberta (6,15 m en 1993). A persistencia da lesión no tendón de Aquiles, do que se operou en tres ocasións entre 1997 e 2000, obrigouno a retirarse despois dos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, nos que non conseguiu clasificarse para a final. Entre outras distincións, recibiu o Premio Príncipe de Asturias e o premio ao mellor atleta do mundo do xornal deportivo francés L’Equipe en 1997.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vorosylovhard, Donets’k